Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG en Cee acusa a Consellería de Cultura de ignorar a Valedora do Pobo

O BNG en Cee acusa a Consellería de Cultura de ignorar a Valedora do Pobo
O Bng de Cee ven de recibir unha nova contestación da Valedora do Pobo a queixa presentada diante desta institución polos nacionalistas na que estes solicitan, xunto coa plataforma do Castelo de Ameixenda, a apertura do mesmo, como é indicado por lei. Vista aerea do Castelo do Principe-Ameixenda-Cee Vista aérea do Castelo do Príncipe Así o aseguran os nacionalistas nun comunicado no que aseguran que "nesta misiva, a valedora respóstanos que “a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aínda non remitiu o informe demandado”, pese a ter a obriga de facelo nos 15 días posteriores a ser aceptada, e a que isto supón a non atención dunha obriga legal recollida no artigo 22 da Lei da Valedora do Pobo, que establece que os poderes públicos galegos están obrigados a prestar axuda e colaboración ao alto comisionado en todo aquilo que este demande". O BNG en Cee quero lembar a este respecto quer "o mesmo artigo, no seu punto 2, fala tamén de que a negativa ou neglixencia de calquera organismo, funcionario ou dos seus superiores responsables ao envío dos informes solicitados poderá ser considerada pola Valedora do Pobo de Galicia como hostil e entorpecedora das súas funcións, facéndoa pública de inmediato e destacando tal cualificación no seu informe anual ou especial, no seu caso, ao Parlamento. Tamén porá os feitos en coñecemento do seu superior xerárquico, informando sobre o seu comportamento por si fose susceptible de corrección disciplinaria". Desde o Bloque Nacionalista Galego en Cee consideran "inaceptable"anida que enmarcan esta situación a "que a consellería non atenda as demandas da institución, mais tamén cremos que este xeito de actuar obedece, sen lugar a dúbidas, a intención de deixar que pase o tempo e que se dilúan as nosas reivindicacións". "Nada mais lonxe da realidade", afirman os nacionalistas, "seguiremos a espera das novas da valedora mentres damos o seguinte paso de levar a iniciativa e a queixa ao Parlamento de Galicia por medio do noso grupo parlamentar".

Comentarios