domingo. 10.11.2024
El tiempo

O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica

O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica
Mobilizacion do pasado 2 de xaneiro da CIG diante do porto de Brens-Foto-Rafa Quintans Mobilizacion do pasado 2 de xaneiro da CIG diante do porto de Brens-Foto-Rafa Quintáns

A alarma social xerada polo peche de dous fornos e polo desabastecemento de materias primas da fábrica de Brens, o asunto volve á mesa política. Será o BNG o que leve ao pleno de Cee o asunto, a través dunha moción en apoio ao persoal da empresa e en contra da intención da empresa de pechar os fornos 13 e 14 e presentar un ERE.

Lembra o BNG local que “esta situación coincide no tempo cun momento de escalada do prezo da electricidade e de grande inestabilidade nas industrias electrointensivas por mor das mudanzas no sistema de interrumpibilidade e do resultado das poxas”. Porén, entenden que a problemática “ten nas súas raíces tamén en décadas de falta de planificación industrial por parte da Xunta de Galiza e do goberno central, como demostra esta situación e a doutras empresas electrointensivas como Alcoa”.

Toca lembrar que Galicia é un país produtor excedentario de enerxía e que “Ferroatlántica explota as centrais hidroeléctricas do río Xallas a cambio do mantemento da produción industrial e dos postos de traballo na Costa da Morte”.

Toca lembrar tamén que “esta empresa ten recibido grandes beneficios por esta condición, porén, ten aplicado un modelo de explotación absolutamente neocolonial, no que esquilma os nosos recursos ao tempo que non desenvolve investimentos na modernización da empresa e incumpre sistematicamente os compromisos de mantemento e aumento do emprego”.

Por iso, ante esta “sombra de ERE” que podería afectar aos 300 traballadores do cadro de persoal e que xa está afectando a outras 100 persoas eventuais e auxiliares ademais das empresas do arredor da fábrica, o BNG considera que “Estamos diante dunha situación excepcional que require dunha forte intermediación por parte das administracións para evitar que o modelo de industria colonial que se ten aplicado, sumado ao irracional sistema de xestión eléctrica, supoñan novas perdas en materia de emprego e tecido industrial”.

Por iso, o BNG vai solicitar do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte acordo: “expresar a súa solidariedade cos traballadores Traballadoras de Ferroatlántica; instar a Xunta de Galiza a que demande a Ferroatlántica a retirada das ameazas de ERE sobre calquera dos seus centros de produción de Cee e Dumbría, e ao mantemento dos investimentos e postos de traballo; a reactivación inmediata dos fornos 13 e 14 e ao cese no desmantelamento encuberto das fábricas; a manter un contacto permanente cos traballadores e traballadoras dos centros, para defender o mantemento dos postos de traballo e da actividade produtiva; a esixir, como titular das concesións hidroeléctricas do río Xallas, que Ferroatlántica garanta a viabilidade das plantas de Cee e Dumbría, mantendo os postos de traballo, a actividade produtiva e os investimentos precisos para cumprir cos requisitos de cesión, e de non cumprirse, iniciar o proceso de reversión destas; e a que no caso de continuar Ferroatlántica na destrución de emprego e actividade produtiva, demande do goberno central a paralización de calquera tipo de compensación para Ferroatlántica das contempladas no RD 20/2018 para as industrias electrointensivas, por incumprir a condición de que estas axudas estean vinculadas ao mantemento da actividade.”

Novas relacionadas

 

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios