![mariscadoras-cee-dec09 b]()
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Cee, van presentar no seguinte pleno unha moción relativa á colleita da mexilla na Ría de Cee e Corcubión. Un produto de primeira calidade e que pode revertir na complicada economía da bisbarra.
Así o BNG quere que a colleita da mexilla non se faga como até o de agora polos barcos que veñen directamente dende as zonas onde posteriormente se sementa a mexilla nas bateas, senón que a colleita da mexilla se faga dende os propios mariscadores da nosa localidade ou confraría.
Deste xeito, o BNG insta ao Concello de Cee, a tomar a iniciativa e xestionar coas administración implicadas os trámites oportunos para esixir que a colleita e venta da mexilla na nosa ría se faga dende os propios mariscadores da nosa localidade ou confraría, obtendo así beneficios medioambientais para a nosa ría e beneficios económicos para os mariscadores do noso entorno.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.