Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O BNG reclama ao Estado dez millóns de investimentos na Costa da Morte

O BNG reclama ao Estado dez millóns de investimentos na Costa da Morte
Maqueta do heliporto de Lires Maqueta do heliporto de Lires O BNG da Costa da Morte vén de presentar unha serie de enmendas aos presupostos do Estado nas que reclama un total de dez millóns de euros en investimentos específicos na bisbarra. Estas enmendas xa foron tombadas polo Partido Popular na sesión plenaria do Congreso celebrada a semana pasada polo que agora a aprobación está pendente da referenda do Senado. “Igual que Galiza sae penalizada nos orzamentos do Estado, xa que é unha das comunidades que menos recibe, cun descenso do 1,7% respecto aos de 2015, a Costa da Morte recibe o mesmo trato” aseguran os nacionalistas nunha nota de prensa remitida á redacción de QPC. A través da representación do BNG no Congreso dos Deputados, os nacionalistas da Costa da Morte demandan dez millóns de euros en investimentos específicos “necesarios e estratéxicos para os intereses da zona” entre os que se atopan:
  • O saneamento integral da ría de Corcubión. Os do BNG consideran necesarios 3 millóns de euros para acometer as accións de saneamento e depuración integral da ría, a limpeza dos seus fondos para a mellora a ambiental e a recuperacións dos seus bancos marisqueiros.
  • A construción da base de loita contra a contaminación mariña. Segundo os nacionalistas, o porto de Brens reúne as condicións axeitadas para albergar esta base e un investimento dun só millón de euros sería suficiente para a súa habilitación, equipamento e dotación.
  • Ademais, os membros do BNG da Costa da Morte reclaman a mellora das instalacións do heliporto de Rubio-Cee para o que consideran que se precisa unha inversión de 600.ooo euros co fin de que se poña en marcha unha instalación “practicamente sen estrear”.
  • E por último, entre as súas enmendas atópase levar a cabo unha actuación integral para a promoción cultural internacional do cabo Fisterra como referente e dinamizador turístico da Costa da Morte para o que valoran que se necesitarían 5 millóns de euros. Dentro desta actuación contemplaríanse actividades de ordenación de espazos e usos, xestión do fluxo das 300.000 visitas anuais que recibe e outras accións artísticas e culturais que reforcen o papel deste lugar emblemático.
Novas relacionadas

Fonte

Comentarios