Luns. 06.05.2024
El tiempo

O BNG responsabiliza a Vigo dunha fraude na recollida do lixo

O BNG responsabiliza a Vigo dunha fraude na recollida do lixo
O voceiro do Bloque Nacionalista Galego en Cee, Dani Oca, vén de facer unhas declaracións nas últimas horas nas que facíase eco das investigacións abertas pola Xunta dende hai uns días, ante supostas prácticas fraudulentas na recollida de lixo. Segundo asegurou Oca, a Policía Autonómica detectou polo momento prácticar irregulares na recollida en Cee, xa que “a empresa concesionaria mesturaba os residuos procedentes de distintos camións nun mesmo vehículo”. O voceiro do BNG na vila da Xunqueira asegurou que os feitos xa foron denunciados en anteriores ocasións pola súa agrupación, sen resposta por parte do Concello. Oca cifra a multa á que se enfronta o Concello arestora nuns 30.000 euros. O nacionalista instou ao alcalde a que estea “ao tanto do que ocorre na concesionaria”. Para o BNG, este é o claro exemplo de que a privatización dos servizos públicos empeora a súa prestación e precariza os postos de traballo.  Lembran que aínda que os servizos municipais se privaticen, debe ser o Concello o responsable do seu correcto funcionamento. Os nacionalistas pedirán a convocatoria inmediata da Comisión de vixilancia das concesións administrativas, na que participan todos os grupos, e Oca sinala que “nunca se convoca”. A intención é que o alcalde dea explicacións sobre o acontecido coa ausencia de reciclaxe na recollida do lixo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios