Luns. 09.09.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros como ruta de integración para a diversidade funcional

O Camiño dos Faros como ruta de integración para a diversidade funcional
A Fundacion Aldaba fai o Camino dos Faros

Emocionante será ver a unha marea de membros da Fundación Aldaba facendo o Camiño dos Faros. A entidade de persoas con capacidades diversas arrincara de Alcalá de Henares (Madrid) cara Cee, e farán base no Hotel Insua para coñecer o litoral da Costa da Morte.

Alí ao grupo do Centro Ocupacional Municipal “El Molino” sumaranse os 7 nenos e nenas da Casa de Familia, que Fundación Aldaba gestiona para a Xunta de Galicia en Vilagarcia de Arousa, ademais doutros compañeiros, voluntarios e amigos que queren compartir esta experiencia e as diferentes rutas de senderismo que se levarán a cabo gozando da convivencia e a integración de todos os participantes con capacidades diversas.

O día 22 de xuño realizarase a ruta de Arou a Camariñas, 22 quilómetros de senderismo ata chegar ao Cabo Vilán. Ao día seguinte realizarase a ruta Cee-Fisterra, con visita a Ézaro e á cascada do Río Xallas, culminando a xornada cunha Sardiñada na praia, para celebrar a noite máxica de San Juan.

Esta iniciativa de Fundación Aldaba ten por obxectivo que persoas con capacidades diversas poidan compartir vivencias e que nos permitan aprender a gozar dunha verdadeira experiencia de integración e de superación inesquecible e enriquecedora. Esta viaxe estará formado por nenos e nenas, usuarios de programas e recursos de protección, ademais de persoas con diversidad funcional.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios