O ceés Rafa Vilar volve con “Erosións” e gaña o X Certame Poético Victoriano Taibo


Tras case 10 anos de silencio, o poeta ceés, un dos membros daquel Batallón Literario da Costa da Morte, volveu sacar a pluma. E con éxito, semella, tras coñecer que o seu poemario Erosións, vén de gañar o X Certame Poético Victoriano Taibo, que entrega o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns.
O xurado, composto por Iria Misa, Gonzalo Navaza, Xulián Maure, Marta Dacosta e Xosé Iglesias, gañador da pasada edición, escolleron a obra pola súa “sinxeleza e intensidade lírica” dunha obra “intimista e apaixonada”, deste centenar de poelas “de amor e vida”.
Rafa Vilar debutara en 1993 con Liques da memoria, e o seu último poemario data de 2008, Migracións. Entre tanto, tivo tempo para escribir para cativos, como en Acuarelas, Patente de Corso ou Animalario estrafalario.
Rafa é licencia en filoloxía galego-portuguesa, e traballa no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega (CIG), ademais de ser un activista das teses máis nacionalistas da política actual galega.
A entrega do premio será o día 18 de novembro no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
Novas relacionadas
- As dúas Galicias de Europa únense coas voces do ceense Rafa Vilar e o ucraíno Ostap Slyvnsky:
- Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado.
- Un premio cheo de Arume para os versos piratas para nenos de Rafa Vilar.
- Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).