O Colectivo Badlaifé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip
Segue a Costa da Morte convertíndose cada día nunha maior referencia en materia hiphopeira. Se este sábado preséntase o Rebumbio da Costa a golpe de rap, estes días xa estivemos escoitando os versos do carnotán Yeray Vázquez, e preparando botando gasoliña para os berros en silencio de Leo KCH.
Hoxe voltamos co colectivo Badlaifé, cos que xa estiveramos na súa estrea. Pero esta vez "van en serio", i é que sacan un novo tema e videoclip. O rema está realizado por Caamaño, Tsk, VieroRuiz e Lopes. Os deseños, a grabación e realización do vídeo é de Caamaño, coa axuda na mezcla e no mastering de VieroRuiz. Non perdades as tomas falsas!!!
Xa os podes seguir polos seus twitter aos @Caamanho_, @Tskfrc, @Vieroruiz, @Lopes_LOVE_Me e @Badlaife, e tamén podedes descargar en mp3 o temazo aquí:
Novas relacionadas
- Baidlaifé: o primeiro videoclip dos rapeiros da Costa Lopes e Caamaño.
- O Rebumbio da Costa comezará a faserse oír con concertos en Camariñas e Corcubión.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Carburante para seguir berrando en silencio.
- Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo.
- LeöKCh en estado de ansiedade.
- 3 Locos Costeños a ritmo de rap.
- Un ano de rap con LeöKCh.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).