Venres. 29.03.2024
El tiempo

Badlaifé: o primeiro videoclip dos rapeiros da Costa Lopes e Caamaño

Badlaifé: o primeiro videoclip dos rapeiros da Costa Lopes e Caamaño
O rapeiro ceense Caamaño e o camariñán Lopes sacan o seu novo vídeo e selo discográfico Baidlaifé

Que gusto dá atopar música senporsen feita na Costa. A estes bravos xa os temos escoitado en clave de 3 Locos Costeños, co LeöKCh. Hoxe o ceense Caamaño e o camariñán Lopes chegan en parella para amosarnos o seu primeiro videoclip.

Os rapeiros costeiros traen o seu tema "Badlaifé", o mesmo nome do sello discografico que eles mesmos están poñendo en marcha. Levan un par de meses en marcga, e foi Roi DaSaraiba o encargado de levalo a youtube.
Como podedes comprobar, o videoclip esta grabado enteramente en Cee, con claros toques industriais, que tanto gustan no mundo hiphopeiro, gracias ao Porto de Brens. Unha grabación ademais que tivo o seu momento, coa aparición da Benemérita, que, afortunadamente non tivo máis consecuencias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios