martes. 12.11.2024
El tiempo

O Concello de Cee convoca o VIII Concurso de Pintura

O Concello de Cee convoca o VIII Concurso de Pintura
A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, co obxectivo de fomentar o interese pola actividade artística da pintura, convoca o VIII Concurso de Pintura, para maiores de 14 anos. A Temática abarcará todo o relacionado coa xeografía, historia, arte e patrimonio etnográfico da Costa da Morte, tendo especial preferencia aquelas obras que se inspiren na realidade ceense. As pinturas entregaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cee desde o 1 ata o 15 de abril, ambos inclusive, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas. Ademais todas formarán parte da exposición que a tal fin se inaugurará o sábado 30 de abril de 2011. Os premios son de 1.000 € para o ganador e dous accésits de 600 € cada un. Na foto vemos o cadro vencedor da edición do ano pasado, chamado "Biodiversidade e industria", de María Concepción Gómez Vázquez.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios