Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Cee respira ambiente de moción de censura

O Concello de Cee respira ambiente de moción de censura

Parece que xa está en cernres a, para moitos necesaria, moción de Censura no Concello de Cee. PP e BNG locais xa teñen prantexada unha repartición de competencias que deixarían a Zaira Rodríguez como alcaldesa. É posible que ao longo da vindeira semana se faga efectiva, pero parece que os partidos están atando as últimas precaucións xurídicas.

Xa ao remate das Municipais de maio do 2011 ambos partidos estiveran preto do pacto, pero daquela a Asemblea Local do BNG mantivese unha votación que rematara en completo empate, deixando para a seguinte asemblea a decisión de aliarse co PP. Parece que a día de hoxe, e tras coñecer de preto a realidade municipal, a situación ten cambiado e a Asemblea Local dos nacionalistas, xa consciente do dano que está a facer o actual alcalde nas arcas municipais, aproba o pacto.

Parece que non gusta tanto a nivel nacional. A nova Lei antitransfuguismo podería poñer trabas ao pacto, a pesar de ser interpretable. De feito, se finalmente o BNG nacional fai caso omiso das necesidades dun pobo e decide expulsar aos 3 edís ceenses do partido, estes pasarían a ser independientes e poderían ser xulgados pola nova lei, impedindo así o pacto.

A que non solta prenda é a propia Zaira Trillo. A posible futura alcaldesa limítase a dicir que "nós estamos a día de hoxe na oposición, e cando haia algo que dicir, direino", afirma.

Entrementres o pobo de Cee segue inmune aos casos de corrupción do alcalde, e así o demostraba nun novo baño de masas na cea dos Independentes a pasada fin de semana. Nin as súas 7 imputacións, nin as subidas de impostos, nin a elevada débeda municipal, nin a saída a hombreiros do campo da festa, nin a falta de apertura de edificios tan importantes como a Casa da Cultura, a Gardería ou o C3M, fan recapacitar á veciñanza sobre a necesidade dun cambio inminente.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios