Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Conselleiro de Industria recibirá este martes ao Comité de Ferroatlántica

O Conselleiro de Industria recibirá este martes ao Comité de Ferroatlántica
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, xa se reuniu cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría en novembro do ano pasado

Resposta rápida desta vez da Xunta trala petición de reunión do Comité de Empresa de Ferroatlántica. O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria vén de chamar aos traballadores costeiros para manter unha reunión este martes ás 13:30h.

Unha boa ocasión para saber a verdadeira intención da Xunta, que ten que aprobar ou denegar a petición da empresa de segregar as actividades para permitir a venda. A oposición ten solicitado á Xunta que se postule, e as únicas palabras do Conselleiro nos últimos días non son demasiado esperanzadoras. Conde sinalou que a Xunta estudiará o caso só dende un punto de vista administrativo, o que deixa o compromiso social cos postos de traballo no esquecemento.

 

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios