xoves. 08.05.2025
El tiempo

O CPR Manuela Rial, outra Estrela Edilingüe comarcal

O CPR Manuela Rial, outra Estrela Edilingüe comarcal
Idoya Elorza Lema e Gema Fdez recollendo o premio ao Manuela Rial no Gaias Idoya Elorza Lema e Gema Fdez recollendo o premio ao Manuela Rial no Gaias

Este pasado mércores entregáronse no Gaiás os premios aos colexios plurilingües que mellor implantaron o sistema de inclusión lingüística. Xa dimos conta dun premio con acento xalleiro, pero temos tamén que achegarnos a Cee, porque CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo tamén foi recoñecido como un dos 26 centros de la provincia de A Coruña que forman parte do proxecto plurilingüe Pluriinfantil, recibindo a “Estrela Edulingüe” de Pluriinfantil.

Ata o Gaiás se desprazaron, Gema Fernández Santamarina (Secretaria do Colexio e profesora de Inglés) e Idoya Elorza Lema (coordinadora do programa Pluriinfantil), para recibiren o galardón de mans do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria D. Román Rodríguez.

O CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo cunha acreditada tradición na formación en idiomas estranxeiros, dá un paso máis no seu afán de preparar ao seu alumnado para os retos da actual sociedade globalizada e mellorar as perspectivas laborais dos, mañá, futuros profesionais. O Pluriinfantil supón que, xa dende este curso 2017/18, no Manuela Rial, se imparten un terzo das horas lectivas en Inglés aos cativos de Educación Infantil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios