Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O entroido encheu de cor e humor as vilas de Zas e Cee

O entroido encheu de cor e humor as vilas de Zas e Cee

Non só de Fisterra vive o Entroido da Costa da Morte. Por Cee e Zas tamén vibraron coa festa máis parrandeira do ano. Por Zas foron os pequenos os protagonistas, mentres que en Cee, o sarcasmo é a auténtica estrella, onde o botellón foi a clave.

Martes de Entroido en Zas

Tremennda a espectación no Concello de Zas co martes de entroido. A praza enchíase pola tarde para disfrutar coas cafeteiras, a duquesa de Alba (moi presenta en todo o entroido), os iphones, as mariquitas, os chupachups e ata os choqueiros, persoeiros en perigo de extinción nestes o noso entroido.

Entroido ceense cheo de botellón

Foron os Chorizos de CantimPalma os gañadores do premio por parellas valorado en 60€. Pero coma sempre a cita máis interesante foi o concurso de comparsas. Foron finalmente os baloncestistas do ACB Costa da Morte cos seus "Astérix e Obélix nas loitas olímpicas" os gañadores do premio valorado en 800€.

O 2º premio, de 675€, quedou para a comparsa Os Jura-libres da AA.VV. de Gures “As Caldeiras”. Foron estes de Gures os máis sarcásticos, que trouxeron a problemática do botellón á escena.

Por detrás, e con 575 € de premio quedaron os do "Mundo Egipcio", que chegaron dende Carral, menres que os veciños de Brens da comparsa "O xogo de nunca acabar" levaron un accesit de 250€, cos seus traballados disfraces de parchises e demais xogos de mesa.

Máis entroidos

Fonte

Comentarios