O IES Fernando Blanco prepárase para unha nova Gran Olimpiada do saber
O ano pasado foi o grupo das Solfamidas as que triunfaron na Olimpiada. Este fin de curso, xa está en marcha a Gran Final da III Olimpíada Cultural "O saber ten premio no Fernando Blanco”, que se celebrará este venres 6 de xuño no centro de ensino a partir das 12:00h.
E falamos dunha actividade que combina coñecementos, capacidade de expresión e traballo en equipo, incluída no Contrato –Programa que o Fernando Blanco vén de desenvolver por segundo ano consecutivo.
Foron 12 os equipos participantes, e 3 os finalistas. Cada un dos equipos está formado por 5 alumnos-as de Bacharelato, Ciclos e ESO, representando así parte das moitas ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco. Os tres equipos deberán tratar de contestar o maior número de respostas do xogo deseñado polo profesorado do centro. Os dous que acaden os mellores resultados terán que debater a continuación sobre un tema de actualidade.
A música do alumnado e profesorado estará presente nesta xornada lúdica e cultural. A gala será presentada por Darío Areas, responsable do museo Fernando Blanco, e colaborador desta casa. Ao igual que nas dúas edicións pasadas os premios contan co patrocinio de Ferroatlántica.
Novas relacionadas
- 2013: Os Solfamidas triunfan na Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco.
- Alumnos de Cee practican o seu portugués en Coimbra.
- O xalleiro Ángel Carracedo abre as mentes xenómicas dos alumnos de Cee:
- Os alumnos de Cee descobren o bosón de Higgs.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).