Luns. 29.04.2024
El tiempo

O xalleiro Ángel Carracedo abre as mentes xenómicas dos alumnos de Cee

O xalleiro Ángel Carracedo abre as mentes xenómicas dos alumnos de Cee
Angel Carracedo durante a sua visita a Cee

É unha desas persoas que só con escoitar un xa aprende. E iso o comprobaron xa ducias de veciños da zona, por exemplo os alumnos do Instituto de Baio ou os amantes do xadrez que o ano pasado acodiron ás sesións Entre Faros. O xalleiro Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, é unha das eminencias máis grandes a nivel mundial en materia de ADN, e así o puideron comprobar 13 alumnos de 2º de Bacharelato do IES Fernando Blanco que acodiron de visita ao Instituto Xenómico de Santiago.

A visita foi unha invitación ao alumnado por parte do director do Instituto, o propio Carracedo, que xa impartira unha charla sobre o ADN no IES Fernando Blanco o pasado mes de outubro. E non dubidaron en aproveitar a ocasión de ver un laboratorio in situ. Todos quedaron encantados coa visita, así como da humildade, da cercanía e dos coñecementos que Ángel compartiu con eles.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios