Domingo. 05.07.2020
El tiempo

O mar chega á biblioteca escolar

O mar chega á biblioteca escolar

Unha vez máis, ASOAR-ARMEGA, achégase ós centros escolares, neste caso, no colexio Manuela Rial Mouzo, de Cee, co proxecto “Aprendendo do mar”, onde estivo exposta, dende o pasado 11 de novembro ata o 29 do mesmo mes, unha mostra das artes de pesca máis representativas e utilizadas na pesca artesanal e no marisqueo, na cal os rapaces, dende cursos de infantil ata sexto de primaria poideron coñecer os aparellos utilizados actualmente, e incluso outras artes que se usaban antigamente.

A exposición foi acompañada por charlas de formación e divulgación sobre a pesca artesanal e o marisqueo, que tiveron lugar no propio centro escolar, e que foron impartidas por persoal técnico da entidade e por pescadores da zona.
Nestas charlas relátase como é unha xornada de traballo no mar, e cal é a labor dos pescadores e os mariscadores, así como a importancia socioeconómica que o sector da pesca ten nas comunidades costeiras, cales son os principias productos ou especies que se obteñen desta actividade, dando a coñecer a súa bioloxía e o seu valor nutricional, ademáis de animalos ao consumo de peixe autóctono, enfatizando tamén na importancia do coidado e respeto do medio mariño e a súa contorna, para que estas epecies proliferen.

Estas charlas amenizáronse con videos, fotografías e diverso material didáctico, que amosaron de forma sinxela como é o traballo da pesca e o marisqueo, así como cales son as consecuencias dunha mala xestión dos residuos no medio mariño, instruíndo os máis cativos en boas prácticas medioambientais. Ademáis trasladáronse ás aulas, en acuarios, diferentes especies vivas que habitan nas nosas rías: un polbo, nécoras, camaróns, berberechos, estrelas, etc., así a través de esta actividade os nenos poideron observar e incluso coller nas mans estas especies, descubrindo características e particularidades destes animais que ata o de agora descoñecían.

"Aprendendo do mar"

O proxecto “Aprendendo do Mar”, ten como obxectivos facer chegar ós nenos información sobre o medio mariño, que tipo de actividades se desenvolven nese medio, facéndolle ver este medio como medio de vida de moitas familias, que presenta unhas cualidades únicas, e que está na man de todos conservalo limpo para un axeitado desenrolo do seu ecosistema.

ASOAR-ARMEGA xa ten previsto actuar, con estas actividades, a primeiros de ano en outros colexios da zona, pretendendo alcanzar outras localidades situadas máis cara ó interior, onde o mundo de mar non resulta tan coñecido.

Novas de Divulgación e dignificación no mar da ASOAR

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Asoar-Armega.
comentarios