Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Ruta de Pallares

O Modesto Patrimonio: A Ruta de Pallares
Lugar de Pallares Cee-Foto-Modesto Lugar de Pallares-Foto-Modesto Descubrindo topónimos polo territorio de Cee. Imos dar un paseo ata o lugar de Pallares, distante uns 1,8 Qm. dende a praza de Cee. Saímos pola rúa da Escola no pabellón Polideportivo (1) onde sae un sendeiro que bordea pola marxe dereita o Río da Lagarteira. A uns 50 m. á dereita vemos os restos dun muíño coñecido como Muíño da Galiña (2). Chegamos á Ponte da Rabecha (3), restaurada, onde sae o camiño para Escabanas. Collemos o da esquerda e a uns 10 m. á dereita encontramos os restos dun muíño (4) coñecido como Muíño de Canle. Muino do Galineiro na Ruta Pallares de Cee-Foto-Modesto Muíño do Galiñeiro-Foto-Modesto Seguimos pola beira do río e chegamos á Ponte de Pallares e na beira norte está o Muíño de Pallares (5), en bo estado de conservación. Entre o muíño e un muro a esquerda sae, pola beira da canle, un sendeiro cuberto de herba que conduce á primitiva fonte de Pallares, distantes uns 100 m. Retrocedemos e cruzamos a ponte, pasando por un lavadoiro á dereita e entramos no lugar de Pallares. Neste territorio só había un caserío, do ano 1970, pertencente a unha familia con apelido Pallares, propietario do muíño. Cremos que co paso do tempo, este lugar tomou o nome de Pallares. Seguimos polo camiño da dereita, subindo, encontramos un terreo rochoso salpicado de vivendas modernas destacando polo lateral oeste do camiño un petón que chama a atención. Un veciño contou que este petón é coñecido como “Petón da Cubela”(6), tal como llo contaron os irmáns Pedro, Santiago e José de Couto cando tíñan a caseta para fabricar as bombas das festas cercana á ponte. Este barrio tomou o nome de “O Petón” pero descoñecemos o por que “da Cubela”. Petón da Cubela (Escabanas) na Ruta Pallares-Cee Petón da Cubela (Escabanas)-Foto-Modesto Rematamos o recorrido voltando pola Ponte da Rabecha. Esta ruta, o longo do Río da Lagarteira, unha vez axeitado e limpo de maleza, cos restos dos muíños descubertos, sería unha das rutas máis bonitas do entorno da Vila. Só falta unha decisión política.

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

“O Modesto Patrimonio: Muíños do Río da Lagarteira (I)” — Que pasa na costa

Comentarios