Venres. 29.03.2024
El tiempo

O persoal de Ferroatlántica seguirá este mércores coas mobilizacións para esixir o desbloqueo da negociación do convenio colectivo

O persoal de Ferroatlántica seguirá este mércores coas mobilizacións para esixir o desbloqueo da negociación do convenio colectivo
Nova Concentración as portas da fábrica de Ferroatlantica en Brens Imaxe da Concentración as portas da fábrica de Ferroatlantica en Brens da semana pasada A semana pasada volvían á rúa queimando o Acordo Marco. Esta semana máis. Este mércores 6 de xuño, os traballadores e as traballadoras de Ferrroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas proseguirán co calendario de mobilizacións para esixir o desbloqueo da negociación e reclamarlle a dirección de Cee que sente negociar o convenio colectivo do centro de traballo. A cita deste mércores será ás 14:00 ás portas da fábrica de Brens, segundo aprobou a asemblea de traballadores/as. O Comité costeiro pasa por ser o único do estado que non aceptou o Acordo Marco que a dirección de Ferroglobe e as centrais sindicais UGT e CCOO asinaban, e que supón un recorte nas condicións laborais e salariais actuais. Ese acordo marco, ademais, non conta co respaldo do comité das fábricas de Cee e Dumbría, pasa por enriba da lexitimidade negociadora da representación do persoal e o seu contido nin sequera foi consultado ou sometido a consideración dos centos de traballadores e traballadoras ás que afecta.

Unha copia por traballador

A empresa repartiu a cada un dos empregados e empregadas, xunto coa nómina, unha copia do mencionado acordo, sabendo que non é de aplicación nos centros de traballo da Costa da Morte. Para expresar o rexeitamento á actitude da dirección, na concentración realizada o pasado mércores procedeuse á queima do acordo marco. Solicitude de reunións con Industria e Medio Ambiente Por outra banda, informar que o comité ten solicitadas reunións coa Consellaría de Economía, Emprego e Industria e coa Consellaría de Medio Ambiente (departamento do que depende Augas de Galiza) para coñecer de primeira man en que fase se atopan os trámites para a autorización das tres novas centrais hidroeléctricas solicitadas por Ferroatlántica. Ao mesmo tempo, o Comité non desbota facer unha nova folga.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-comite-queima-o-acordo-marco-de-ferroatlantica/ https://quepasanacosta.gal/o-comite-de-ferroatlantica-cee-dumbria-o-unico-en-espana-sen-acordo-macro-volve-as-concentracions/

Artigos relacionados

Fonte

 

Comentarios