O pleno de Cee rexeita as propostas da fábrica de tubos pola falta dun concelleiro da oposición

Era hoxe día de votación importante no pleno do Concello de Cee. A oposición, liderada por IxCee, presentana unha serie de propostas relativas á ubicación da fábrica de tubos, nas que rexeitan unha ubicación que practicamente estaba decidida.

Pero a pesar da minarío do grupo de goberno, a falta dun concelleiro de Independientes permitiu que os edís do Partido Popular e Asemblea Nacionalista de Cee rechazasen a proposta. E iso que o concelleiro popular Isidro Caamaño, director do colexio Manuela Rial, votou a favor das propostas ao entender que perxudican ao centro educativo.

A discusión foi ardua pero a falta de Plácido García, e o voto preferente da alcaldesa na votación, permite rexeitar as mocións e permitir a defintiva ubicación da fábrica de tubos nos asteleiros da Sicar, a pesar das críticas dos mariscadores.

Novas relacionadas

Fonte

  • La Voz de Galicia.