Mércores. 18.05.2022
El tiempo

O PP deixa no tellado do BNG a moción de censura en Cee

O PP deixa no tellado do BNG a moción de censura en Cee

Deu luz verde esta pasada fin de semana o PP provincial á moción de censura en Cee. Deste xeito, queda agora no tellado do BNG levala a cabo ou non, mentres Zaira Rodríguez xa case se mira como alcaldesa.

Pero a cousa non vai ser tan sinxela. Se ben esta semana ten que dilucidarse todo, os membros do BNG local están a apuraros últimos flecos xurídicos, intentando que no BNG non os expediente. A nova e interpretable lei antitransfuguismo, aínda sen estrear, pode cobrar protagonismo se dende o BNG nacional expulsan aos 3 edís que formarán a moción.

Así e todo, o nomeamento de Modesto Fraga como novo voceiro comarcal abre as portas un pouco máis á moción, pois o que máis a rexeitaba era curiosamente o anterior voceiro comarcal, Oscar Insua, que xa pactara no se día co PP. Segundo nos conta o propio Modesto Fraga, ao seu entender o Consello comarcal terá que escoitar as vicisitudes que explique a Asemblea Local de Cee, pero nunca do revés pois os propios edís ceenses serán os que coñezan mellor a realidade na vila da Xunqueira.

Razóns de sobra dende o PP para a moción

O venres chegaba a nota de prensa na que a dirección provincial dá luz verde ao PP de Cee para que peche as negociacións para unha posible moción de censura. O PP considera que existen no municipio circunstancias que motivan e xustifican sobradamente a posible presentación dunha moción de censura.

Estas circunstancias van desde "o deterior da situación política no municipio, motivada pola falta de capacidade de diálogo do actual rexedor, Ramón Vigo, ata a xestión errática do actual equipo de Goberno, baseada na improvisación. A todo iso únese a grave situación económica e deterioración das contas do Concello que se arrastra desde o ano 2010".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios