Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PPdG instará a Ferroglobe a potenciar a produción de silicio solar en Galicia

O PPdG instará a Ferroglobe a potenciar a produción de silicio solar en Galicia
O Grupo Popular apoiaba este mércores no Parlamento unha iniciativa que instará a empresa Ferroglobe a que aposte por Galicia para potenciar o ciclo de produción de silicio solar en todas as súas fases. Miguel Tellado, Viceportavoz do PP no Parlamento Nun comunicado os populares afirman que “Estamos nun tempo no que a política debería favorecer a atracción de empresas, non o seu peche”. Así o  sinalou o viceportavoz no parlamento dos populares Miguel Tellado. Neste senso, lembroulle á oposición o seu voto en contra da Lei de Implantación de iniciativas empresariais aprobada recentemente no Parlamento, “un texto que servía", afirmou, "tamén para evitar a deslocalización”. Do mesmo xeito, Tellado sinalou que o PPdeG pensa que “ningún partido da oposición se ía atrever a volver a traer ningunha cuestión relacionada, nin sequera remotamente, con Ferroatlántica”, logo das “mentiras continuadas”, afirmaron, que verteron durante meses acerca da solicitude de segregación das súas centrais na Costa da Morte. Tellado lembrou que a Xunta foi a primeira en defender ás comarcas da Coruña e da Costa da Morte e aos traballadores de Ferroatlántica tanto en Sabón como en Cee eDumbría. Tamén quiso poñer en valor que “a Xunta se toma a iniciativa en dar información de xeito puntual e veraz á opinión pública, á cidadanía, aos sindicatos e aos alcaldes; así coma en dicir que había que respectar a legalidade e o que dixesen os informes xurídicos”.

Comentarios