Venres. 20.09.2019
El tiempo

O PSdeG respóndelle ao Sergas sobre as deficiencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee

O PSdeG respóndelle ao Sergas sobre as deficiencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
  hospital-cee O PSdeG reclama melloras técnicas, máis persoal sanitario e a sustitución de equipamentos obseletos para o hospital Virxe da Xunqueira de Cee Despois dunha nota de prensa emitida polo SERGAS - Servizo Galego de Saúde - en relación ás denuncias feitas polo partido Socialista para que a Xunta de Galicia tome "medidas urxentes" sobre o hospital Virxe da Xunqueira de Cee, a portavoz do PSdeG en Cee, Margarita Lamela sae para aclarar as peticións do seu partido. O partido socialista - e particularmente a súa portavoz en Cee, Margarita Lamela - recoñece que en ningún momento puxo dúbida a profesionalidade do persoal do hospital se non que o reclaman son "melloras técnicas, máis persoal sanitario, máis especialidades e a sustitución dun equipamento con máis de 20 anos de antigüedade. En canto aos quirófanos, Lamela aclara que o seu partido "non dixo en ningún momento que o material cirúrxico se empregara sen esterilizar"; se non que se denunciaban que as lavadoras destinadas ao lavado deste material non funcionaban tal e como o recoñeceu o Sergas ao rexistrar dita avería e ao ter que reorganizar a actividade cirúrxica. Servizos necesarios O PSdeG tamén solicita un servizo de reanimación a tempo completo xa que "se un paciente necesita máis dun día de reanimación tras unha intervención cirúrxica é deriva a outro hospital de referencia", indican os socialistas. Margarita Lamela tamén insiste na necesidade dun servizo de cardioloxía a pesar de que os Sergas recoñece que os pacientes deste servizo son derivados ao CHUAC. Por outra banda, Margarita Lamela solicítalle ao Sergas que proceda á contratación de especialistas en dixestivo despois de que o Servizo Galego de Saúde recoñecese que hai médicos espacializados dispoñibles para contratar e baixo a premisa de que só hai un especialista do aparato dixestivo en todo o hospital o que fai que as listas de espera estean saturadas. "Con relación ós quirófanos, o Sergas recoñece que está en proceso de redotación con la apertura dos quirófanos do CHUAC, polo que recoñece a veracidade da denuncia do partido socialista. Debendo engadir que a portavoz do PP de Cee, no mes setembro do 2016 - nunha sesión plenaria do concello de Cee - anunciou un investimento de 160.000 euros, a realizar no último trimestre do 2016, para a renovación dos quirófonos e lámpadas do hospital. Polo que esta portavoz socialista “tacha de falso” o anuncio da portavoz do PP sobre ditos investimentos" asegura Margarita Lamela. E por último, Lamela reitera a necesidade de aumentar o persoal e os postos de hemodiálise despois de que o Sergas non respondese a este punto.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios