mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Rebumbio decide autodisolverse e doa os seus fondos ás Pedras Miúdas

O Rebumbio decide autodisolverse e doa os seus fondos ás Pedras Miúdas
Rebumbio-na-Costa-da-Morte doou os fondos a Pedras Miudas

Alegres estivemos o ano pasado coa creación dese fantástico Rebumbio, para dinamizar a escena musical na Costa da Morte. Unha entidade que organizase concertos e actividades musiqueiras era ben recibida, pero menos dun ano despois da súa creación, temos xa que darlle o adeus.

A entidade decidía autodisolverse por mor das incompatibilidades persoais de boa parte da directiva. Un clásico problema que botou abaixo ducias de asociacións nos últimos tempos.

Pero a entidade morríu con elegancia, doando os seus fondos a unha entidade veciña, a Asociación Pedras Miúdas de Lires.

”Mostras como a recibida, fannos crer que o traballo de dinamización cultural que desempeñamos dende fai seis anos e tido en boa conta, non só polos veciñ,@s máis cercanos, se non por aqueles que en calquer momento da súa vida emprenderon labouras parecidas, o que inevitablemente nos enche de orgullo”, valoran dende Lires.

Por iso, “dende a familia de Pedras Miúdas, diretiv@s e soci@s, non podemos mais que mostrar a maior das gratitudes cara quen pensou en nos como merecedores do acto, non habitual neste tipo de ocasións”.
E dan as gracias persoalemente a Alan Louzán, un dos membros da directiva finada, así como a resto de membros da directiva, e aseguran que ”eses cartiños irán ben invertidos culturalmente nas nosas mans”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios