O V Concurso de Murais sumérxese nos Fondos Mariños


O V Concurso de Murais Lar, xa toca ao seu fin. A entidade xa está de recollida dos murais realizados polos máis de 250 alumnos do 8 centros educativos participantes e das asociacións como Aspadex, Apem e Íntegro. De feito, os murais deste 2012 xa están expostos nas instalacións da empresa á entrada de Cee, onde os podedes visitar e valorar o inmenso traballo dos alumnos, que xa comprobamos cun vídeo do proceso de creación dun mural cos alumnos do IES Terra de Soneira.
Máis se cabe este ano pola gran complexidade de adaptación do bosquexo á realidade, debido á forma de vela do mesmo. I é que xa saben que este ano, o asunto temático sobre o que rolda este ano o certame son os Fondos Mariños, coa clara intención de sensibilizar aos mozos co mar e a súa fonte de riqueza.
Entrega de premios
Así, este venres 8 de xuño ás 10.30h comezase a entrega de premios deste concurso nas instalacións. Quédalle pois ao xurado unha labor moi complicada por diante xa que todos os traballos están moi ben executados e rematados.
Estaremos atentos pois aos resultados.
Obras presentadas
Institutos | Título da obra |
CEIP Manuela Rial Mouzo de Cee | Ondas de Memoria |
IES Fernando Blanco de Cee | Non Contamines o Mar |
IES Maximino Romero de Lema de Baio | Veu visitarme o mar |
IES Agra de Raíces de Cee | Anacos de Mar |
IES A Picota de Mazaricos | Poema Submariño |
CEIP Cabo da Area de Laxe | Os misterios do mar |
IES Terra de Soneira de Vimianzo | No Fondo do Mar |
IES Monteneme de Carballo | Fondos Mariños |
Apem | Lendes de serea |
Aspadex | Hai unha nova especie no mar |
Íntegro | Fondos mariños |
Novas relacionadas
- O proceso de creación dun mural cos alumnos do IES Terra de Soneira.
- Alumnos artesáns que coidan o mar.
- Os Fondos Mariños serán os protagonistas V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte.
- Un longo proceso de formación.
- 8 centros educativos e 3 asociacións de discapacitados participan no V Concurso de Murais Costa da Morte.
- Cabazas, bruxas, pantasmas e curuxas para o Samaín de murais de Zas.
- Concurso 2012: Arrinca o curso e ponse en marcha o V Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte.
- IV Concurso 2011: Os institutos de Cee, Zas e Muxía acaparan os premios do Concurso de Murais de Azulexo de Lar.
- O Azulexo toma a palabra.
- O Concurso de Murais de Lar asalta a tele.
- Os alumnos de Aspadex e do IES Fin do Camiño fanse artistas con Lar.
- Lar segue formando pequenos artistas co Concurso de Azulexos.
Máis novas
- O longo proceso de creación dun Mural de Azulexo no IES de Baio.
- III Concurso de Murais 2009: O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais 2009: Emotivo acto final do Concurso benéfico de Lar.
- 4 concellos adquiren os murais benéficos de Lar do II Concurso.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).