Venres. 29.03.2024
El tiempo

8 centros educativos e 3 asociacións de discapacitados participan no V Concurso de Murais Costa da Morte

8 centros educativos e 3 asociacións de discapacitados participan no V Concurso de Murais Costa da Morte

Finalizou o prazo de inscrición desta V edición do Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte, que organiza como cada ano Suministros Lar. E para non variar, a convocatoria foi un éxito e o concurso contará coa participación de 8 centros educativos da Costa, ademais das 3 asociacisóns de discapacitados que traballan na bisbarra.

Así, este ano o concurso contar coa colaboración das asociacións Apem e Aspadex de Cee, e tamén se sumaron a este proxecto a Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños. Os centros educativos implicados son:

  • IES Monte Neme de Carballo;
  • CPI Cabo dá Area de Laxe;
  • CPI A Picota de Mazaricos;
  • IES Terra de Soneira de Vimianzo;
  • Colexio Manuel Rial Mouzo de Cee;
  • IES Fernando Branco de Cee;
  • IES Agra de Raices de Cee;
  • IES Maximino Romeu de Lema de Baio.

O primeiro, formarse

A partir deste momento, a entidade organiza cos centros participantes a asistencia ao curso de formación impartido polo persoal da empresa ceense. Curso no que colaboran achegando material como viñeron facendo estes anos fabricantes da talla de Mapei cementos e colas, Mainzu e Unicer, moi comprometidos con este proxecto.

Neste curso de formación os alumnos aprenden a preparar os morteiros, como romper azulexo con seguridade, e como empregar as ferramentas de forma correcta. A partir de aí xa estarán listos para comezar a súa obra.

Formato sorpresa

Como todos os anos o formato do soporte mural será a sorpresa de último momento para todos, especialmente este ano.
Este soporte como cada edición fabrícao especialmente para este Concurso a empresa Ferrocar, sita en Santa Corda.

Premios

Unha vez finalizadas as obras estas serán recollidas e traídas ás instalacións da empresa, onde se emitirá o fallo do xurado e posterior entrega de premios. Momento no que se reparten máis de 2000€ en premios.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios