Olga Rodriguez continúa dando a coñecer o seu libro “As Crebas da Memoria”

08:14 02/07/24
Fíxoo este pasado venres en Cee na Librería Ler, acompañada por Susana Seoane. A autora debullou este libro que recolle as lendas e medos da comarca de Bergantiños, moi centrado en Malpica, onde exerceu de mestra durante máis de 30 anos.