Venres. 03.05.2024
El tiempo

Olga Rodríguez agasallou a Malpica coa súa novela “As Crebas da Memoria”

presentación Olga Rodríguez  en Malpica
Noelia Freijeiro, Olga Rod. e Enma Abella na presentación
Olga Rodríguez agasallou a Malpica coa súa novela “As Crebas da Memoria”

Éxito literario o que se presentou este pasado venres no salón de actos da Confraría de Malpica. Olga Rodríguez, arroupada por Enma Abella e a concelleira de Cultura Noelia Freijeiro, ademais de varios membros da corporación municipal e numeroso público, fixo unha maxistral presentación da súa obra e indicou que este libro é un agasallo para a xente de Malpica da que tanto aprendeu durante os 33 anos que exreceu como docente.

Freijeiro, que deixou patente a imprescindible axuda municipal a este “proxecto que forma parte do patrimonio inmaterial de Malpica”, salientou que «as lendas tamén afondan na expresión dos nosos medos, das nosas inquedanzas, dos soños, do xeito especial en que, neste caso, as xentes de Bergantiños entendemos o noso mundo e nos relacionamos con el. En definitiva son un espello singular que reflexa como pensa e sinte o noso pobo, un espello singular da nosa alma colectiva».

A autora, ao finalizar o acto, procedeu á firma de exemplares de esta fermosa obra que sen dúbida é todo un éxito.

presentación Olga Rodríguez-Malpica

Comentarios