Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Olga Rodríguez presentou o seu libro "As crebas da memoria" á cativada do Milladoiro

A concelleira Noelia Freijeiro no CEIP Milladoiro de Malpica
A concelleira Noelia Freijeiro no CEIP Milladoiro de Malpica
Olga Rodríguez presentou o seu libro "As crebas da memoria" á cativada do Milladoiro

Este martes levouse a cabo a presentación do libro "As crebas da memoria" de Olga Rodríguez non CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Unha actividade englobada na programación "𝙈𝙖𝙡𝙥𝙞𝙘𝙖 𝙉𝙪𝙣 𝙈𝙖𝙧 𝙙𝙚 𝙇𝙚𝙩𝙧𝙖𝙨". 

A Concelleira Noelia Freijeiro, presentou á escritora aos alumnos de 3º,4º, 5º e 6º e explicou aos alumnos/as a importancia de ler. 

Olga Rodríguez compartiu os segredos do proceso de elaborar o seu libro "As crebas da memoria", cautivando a atención de todos os alumnos e alumnas, os cales fixeron moitas preguntas e pasaron unha xornda xenial.

Despois da presentación, Noelia Freijeiro agasallou cun libro a cada alumno/a participante que foi adicado persoalmente pola autora.

Máis novas

Comentarios