Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Olimpiada do Saber do IES Fernando Blanco xa ten gañadores

Gañadores Olimpiada IES Cee Equipo FCAC copia
O equiop FCAC resultou o gañador da Olimpiada do IES Fernando Blanco
A Olimpiada do Saber do IES Fernando Blanco xa ten gañadores

Este mércores 22 de xuño tivo lugar a Gran final da XI edición da Olimpíada cultural O Saber ten Premio. O salón de actos do IES Fernando Blanco estaba ateigado de alumnado, as súas familias, o profesorado e os patrocinadores, así como o subdirector Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do sistema educativo, Iván Mira Fernández. 

Á final chegaban 3 equipos (FCAC, Os murciégalos e Os terceiros) que tiveron que escudriñar os miolos antes as preguntas de Fran Hermida e desta volta coa presión do público.

Na primeira parte tocaba contestar a 20 preguntas dun lote de máis de 1.000 que elaborou o profesorado do centro mediante un programa informático.

Posteriormente celebrouse un debate sobre o tema "A nova Lei de Protección Animal ten en consideración os animais domésticos como membros da familia e regula as condicións nas que deben estar", na que os dous equipos clasificados defenderon posturas opostas: FCAC a favor da regulación e Os murciégalos en contra. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

O equipo FCAC resultou gañador nas dúas probas polo que lle correspondeu o primeiro premio. Marco Antonio Esteban Norat (1ºCS Automatización e robótica industrial), Viviana Ramírez Silva (1ºCS Automatización e robótica industrial), Eva Senra Fafián (1º bacharelato B), Lucía Canosa Lestón (1º ESO) e Enrique Castro Conde (3º ESO) levan un premio de 600 euros, que recibiron de mans de Justo Lago, de XEAL

2 clasificados Os murciégalos Olimpiada IES Cee
Os murciégalos

O segundo premio de 400 € foi para o equipo Os murciégalos que estaba formado por Sergio Castro Romar (1ºCS Automatización e robótica industrial), Isabel Díaz Jallas (2º bacharelato C), Ariadna Mar Castro Arasme (1º bacharelato B), Elisabet Insua Ostaseviciene (4º ESO) e Brais Canosa Lestón (1º ESO). O premio foi entregado por Mélani Lois Barcia que representaba a  GERCA.

3 clasificados Os terceiros Olimpiada IES Cee
Os terceiros

O terceiro premio dotado con 300 € foi gañado polo equipo Os terceiros composto por José Denis Reyes (1º CM Mantemento electromecánico), Diego Estévez Canosa (1º CS Administración e finanzas), Paula Pérez Espasandín (1º bacharelato B), Alejandro Ferreiro Somoza (3º ESO) e Juan Francisco Díaz Suárez (2º ESO). Fixo entrega do premio Severo Roget Romero, en representación de Ferretería Roget.

Para rematar a gala houbo unhas actuacións musicais a cargo de profesorado do centro que interpretaron varias cancións que o público tamén cantou seguindo a letra proxectada.

Comentarios