Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Olimpiada O Saber ten Premio do IES Fernando Blanco xa ten finalistas

Paralelamente, un grupo do IES Agra de Raíces de Cee disfruta estes días da xa tradicional viaxe de intercambio cun centro da Bretaña francesa.

Algun dos equipos da Olimpiada do IES Fernando Blanco
A Olimpiada O Saber ten Premio do IES Fernando Blanco xa ten finalistas

O IES Fernando Blanco xa ten os 3 equipos finalistas para a 8ª edición Gran Final da VIII Olimpíada Cultural O saber ten premio. Unha edición que conta co patrocinio económico da Estación de Servizo Bazarra, Aplicaciones Informáticas Costa da Morte-Compucee e Ferretería Severo Roget.

Este curso houbo 9 equipos participantes, cada un dos equipos estaba composto de 5 alumnos e alumnas que tiñan que ser: 2 de bacharelato, 2 de ciclos formativos de grao medio ou superior e 1 alumno/a da ESO, de ciclo básico ou EPA.

Despois dunhas reñidas eliminatorias, con desempates incluídos, os equipos clasificados cos seus membros son:

  • Avión azul: Carmelo Cambeiro Domínguez (1º ESO); Christian Vieites Iglesias (1º Bacharelato B); Adrián Rodríguez Priegue (1º Bacharelato C); Bruno Lariño Nieto (1º CM Mantemento electromecánico); Rubén Sande Lado (1º CM Electromecánica de vehículos).
  • End Game: Brais Velay Vázquez (1º Bacharelato B), Adriana Toba Casal (1º Bacharelato A), Samuel Caamaño Suárez (1º CM Electromecánica de vehículos), Juan Santiago Trillo Traba (2º CB Electricidade e electrónica), Adrián Berbia Traba (1º CM Electromecánica de vehículos).
  • Te Boté: Pedro Gallart Mancha (1º CM Xestión administrativa), Juan Bautista Marcote Pérez (1º CM Xestión administrativa), Sabela Castro Sar (2º Bacharelato C), Saulo Rey Domínguez (2º Bacharelato C), Patricia Pérez Álvarez (2º ESO).

A Gran Final será o próximo venres 12 de abril a partir das 9:30 e estará presentada polo xornalista Fran Hermida.

Intercambio francés para o alumnado do Agra

 

Alumnado do IES Agra Raices en Francia

Un grupo de 16 alumn@s e 2 profesores do IES Agra de Raíces de Cee están a desenvolver a xa tradicional viaxe de intercambio cun centro da Bretaña francesa, en Redon. Alí, dende o 26 de marzo e ata o 2 de abril, ademais de convivir cos seus compañeiros franceses e as súas familias, terán a oportunidade de coñecer a rexión e visitar, entre outras cousas, a cidade de Rennes e o castelo de Mont Saint Michelle. Os alumnos franceses visitarán proximamente a Costa da Morte no mes de Abril.

Novas relacionadas

Comentarios