Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación
Continúa o espectacular programa do Mes da Fundación Fernando Blanco. A fin de semana foi completa, cun especial protagonismo para os alumnos dos centros de ensino ceenses.
As citas comezaban o venres no salón de actos do IES Fernando Blanco, con dúas sesións do obradoiro "Ciencia ou Maxia" para un total de 200 alumnos/as de 3º Ciclo de Primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial de Cee.
Estes obradoiros foron financiados en concreto pola Fundación Barrié, a través do seu programa EducaBarrié. A xaula de Faraday, o truco do fakir, líquidos que cambian de cor ... un montón de actividades que parecen maxia, pero que teñen unha explicación científica.
Quen dixo que a ciencia non era divertida? Porque a verdade é que os asistentes o pasaron en grande.
Pero ademais de ciencia, houbo tempo para a emotividade, coa ofrenda floral que os propios alumnos lle renderon na mañá do sábado na propia tumba de Fernando Blanco.
E houbo tamén oco para o humor e os contos, como a sesión "Contos que non falten" do gran contacontos Celso Fernández Sanmartín, que fixo escachar da risa aos alumnos ademais de facerlles pensar sobre a verdadeira natureza do patrimonio.
Vindeira e última cita do mes
O programa rematará este sábado ás 20 horas, no salón de Actos do Concello de Cee, coa charla-recital de Concha Blanco que leva por título "Emigración: ifícil diagnóstico" e concerto de acordeón de Fernando Fraga.
Novas relacionadas
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
- Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco.
- A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos.
- Tesouros da Fundación, con Darío Areas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).