Os alumnos de Cee seguen coñecendo as súas orixes


Continúan os alumnos dos centros educativos ceenses visitando o Museo Fernando Blanco de Lema. Desta volta, foron un total de 10 alumnos que cursan a asignatura de Antropoloxía no IES Fernando Blanco os visitaron o Museo que leva o nome do fundador do centro no que estudian, museo que conta co inestimable patrocinio do Concello de Cee e da empresa FerroAtlántica.
Guiados poo coordinador do Museo, Darío Areas, poideron viaxar ó pasado e coñecer como se creou o instituto no que estudian, e o que significou ese instituto para o desenvolvemento de Cee e da comarca.
Este grupo supón o número 21 dos que pasaron neste ano 2011 polo Museo, e de seguir a este ritmo superaranse claramente os 36 grupos do ano 2009, que son a mellor marca en canto a visitas concertadas.
Outras visitas

E non foi a única na pasada semana. Un grupo de 41 persoas pertencentes á Asociación de Veciños San Lázaro de A Ponte (Lugo), de camiño a Fisterra, fixeron unha parada no museo ceense. Recorreron a antiga Escola das Nenas e mailo vello Instituto da Fundación, e unha vez que remataron, e antes de partir cara Fisterra, encamiñáronse hacia a fervenza do Xallas, unha das maravillas naturais da Costa da Morte.
Más información e reserva de visitas
Cómpre lembrar que para concertar visitas guiadas o Museo deben chamar ó número de teléfono: 981.74.72.21
Máis información
Novas relacionadas
- O Museo Fernando Blanco segue sendo descuberto polos alumnos da casa.
- A mocidade de Cee disfruta dos museos e da música.
- Os alumnos de Cee seguen descubrindo o Museo Fernando Blanco.
- O Museo Fernando Blanco de Lema exhíbese para todo o país na TVG e na Radio Galega.
- As maiores de Cee pintan no Centro Social e os pequechos visitan o Museo Fernando Blanco.
- A Costa da Morte, todo un proxecto no Museo de Mar de Galicia.
Fonte
- Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.