Os Bombeiros de Cee apagan un incendio nun galpón na Pereiriña
06:58 31/10/17
Esta pasada madrugada de luns a martes, os Bombeiros de Cee tivo que acodir ao lugar da Pereiriña, en Cee, para sufocar un alpendre no que se almacenaba herba seca. Un particular alertaba ao 112 pasados uns minutos da 01:00 horas, e ata o lugar, ademais dos Bombeiros de Cee, acodiu Garda Civil e a Protección Civil de Cee.
A extinción foi laboriosa pois parte da cuberta xa se atopaba no chan polo efecto das lapas e o que quedaba era moi inestable. Unha vez extinguido o lume retiraron o resto da cuberta que representaba un perigo.
Fonte
- Bombeiros de Cee.