Luns. 14.10.2019
El tiempo

Os Bombeiros sufocaron tres incendios neste luns

Os Bombeiros sufocaron tres incendios neste luns

Triple suceso nesta tarde de luns 7 de xaneiro de 2019, no que os Bombeiros foron protagonistas.

Incendio forestal en Muxía

Incendio forestal en Tourinan-Foto-Proteccion Civil Muxia Incendio forestal en Touriñán-Foto-Proteccion Civil Muxia

Pasadas as 23:00h da noite, rexistrábase un incendio forestal en Touriñán, nas inmediacións do faro. AO lugar acodían as brigadas forestais, efectivos da Garda Civil, e efectivos do ADC Bombeiros Costa da Morte e Protección Civil de Muxía. Pronto controlaron o lume.

Asi quedou o incendio de Tourinan-Foto-Oscar Asi quedou o incendio de Touriñán-Foto-Oscar

Incendio dunha vivenda en Carballo

Arredor das 14:30h, unha vivenda do lugar da Barreira, en Carballo, sufría unha vivenda. Un home quedaba atrapado no fume, sacando medio corpo pola fiestra para non contaminarse polo fume, presentando síntomas de intoxicación e todo o corpo cheo de hollín.

Os Bombeiros de Carballo rescataron ó señor da vivenda empregando un ERPE. Unha vez evacuado, o 061 trasladouno ao Hospital.

Mentres, os Bombeiros procederon á localización do foco do incendio e a súa extinción, que era a parte traseira dunha neveira. Revisaron todas as dependencias da vivenda por si houbera máis xente dentro. A vivenda foi ventilada para evacuar todo o fume.

Incendio en local en Cee

Así mesmo, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir a sufocar un incendio que se daba arredor das 18:00h da tarde no Café Bar Central, en Cee. A causante do lume foi unha das freidoras que xa estaba extinguida pero co aceite aínda moi quente e con risco de reinicio. Os Bombeiros procederon ao seu enfriamento con máis aceite e posteriormente ventilando o local.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xeada-mana-deixou-un-accidente-en-lourido/

Comentarios