Luns. 07.10.2024
El tiempo

Os Cansela de Bustelo: As narco-patacas de Muxía que arrasan na rede

Os Cansela de Bustelo: As narco-patacas de Muxía que arrasan na rede
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156155042067177/?t=1" width="800" height="400" onlyvideo="1"] Se combinamos o éxito da serie Fariña, coa problemática da couza guatemalteca das patacas de Muxía saen cousas sorprendentes. A última arrasa polos “juasaps” de toda Galicia. Uns simpatiquísimos vídeos están expandíndose polos teléfonos de toda a zona cal mercadoría ilegal, e xa inundan as redes sociais. ”O tabaco xa non vale para nada. Agora teño que facerme co neghosio da pataca”. Así comeza unha serie de vídeos que comparan, dun xeito irónico, a grave problemática coas patacas na vila da Barca, co tráfico ilegal. Collendo escenas da existosa serie de Atresmedia, e cunha dobraxe tremendamente divertida, a pataca é a nova protagonista do extraperlo. Resulta que o mercado téñeno copado os “Cansela de Bustelo”, pero os narcos-pataqueiros da zona, Terito, Sito e compañía, non o van permitir. O culpable desta revolta da pataca tena Jose Ángel Casais, natural de Brens (Cee), informático de profesión que anda colocando radares para barcos de toda Galicia para a empresa xaponesa Koden. Aínda estivo hai 15 días en Xapón onde pasou 9 días. “Había que comer con palillos, e os 3 primeiros días pasei fame. Ao terceiro día, ca fame negra que tiña, xa era un maestro cos palillos. Tanta tecnoloxía e aínda con palillos…” bromea sobre a súa estancia. “Comín arroz en branco ata para almorzar… o día que vin un burgerking, caéronme as lágrimas”. Jose Ángel leva nos facendo esta clase de vídeos cunha voz privilexiada para as dobraxes cómicas. Torrente e Cañita son grandes clásicos nas súas creacións, como o Tucho, pero un dos seus grandes pelotazos foi un vídeo sobre o pan de Pichín e de Ignacio. Agora rompen a rede coas narco-patacas muxiás. A historia comezou como un simple vídeo para facerlle unha broma á sogra do seu irmán, natural de Mintiráns, que lamentaba que ía ter que mercar un terreo en Vimianzo para prantar as súas patacas. “Ao final escapóusenos das mans a historia. Dentro de pouco saímos na jalleja”, bromea. ”Non pensei que ía ter tanta repercusión pero temos comprobado que chegou a Portosín, e ata a Castellón, onde lle preguntaron ao meu irmán por uns vídeos das patacas de Muxía”. “Onte aínda fun a Muxía e nun restaurante, o home da barra preguntáballe de broma ao camareiro. Oe, as patacas que pon son de etiqueta dos Cansela ou de contrabando de Mintiráns?”. José Ángel faino todo co móbil. “Descargo os vídeos no móbil, métoo no iMovie, e vou probando. O carallo é que o diálogo non o teño pensado, e vai saíndo directamente intentando cadralo cos labios, para que pareza que é a dobraxe ideal. Vou probando ata que cadra, e a verdade é que está quedando ben". A historia ata lle viu de volta a Jose Ángel, cando Javier Romero Pazos, o nomeado “xefe do Clan dos Cansela de Bustelo, ca granxa Moreira como centro de operacións”, lle trouxo un par de sacos de patacas de extraperlo. “Puxéronme nese berenxenal”, sorrí Javi. “Están moi currados, a verdade, pero espero que a xente da zona non o tome a mal, porque só é de broma. E aquí, o seguinte capítulo, en exclusiva para QPC: [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156155650772177/?t=2" width="800" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios