![Concursos da Fundacion Fernando Blanco 2018]()
Paralelos aos
Biblioteca Francisco Mayán, chegan os Concursos da Fundación Fernando Blanco de Lema. Concretamente a sexta edición do Concurso de Relatos Curtos e a quinta edición do Concurso de Debuxos.
Ambos concursos están destinados ós/ás alumno/as dos centros educativos de 10 concellos da contorna (Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas).
Para o 6º Concurso de Relatos Curtos hai dúas categorías (A para 5º e 6º de Primaria e B para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO), e deben versar sobre “Os xogos populares e tradicionais”, o mesmo tema que abordarán o 5º Concurso de Debuxos.
En ambos concursos o prazo para a entrega dos traballos remata o 15 de maio de 2018, resolvéndose o concurso nun máximo de 45 días naturais contados dende a data límite de entrega. Para elo organizarase un acto de entrega de premios que será debidamente comunicado ós/ás premiados/as e ó público en xeral.
As bases completas do concurso poden descargarse na web
www.museofernandoblanco.org (pestana ACTIVIDADES 2018 - CONCURSOS 2018).
Novas relacionadas