Os fortes refachos de vento tiran cunha árbore na Pereiriña
Árbore caída polo forte vento no Restaurante O Cruceiro da Pereiriña polo vento-Foto-Laura Canosa
Durante esta xornada de xoves estamos en Alerta laranxa no litoral costeiro por fortes refachos de ventos. En Lira xa se rexistraron hoxe refachos de 102Km/h, polos 85 de Fisterra ou Malpica. Pero onde xa os sufriron, materialmente, é na Pereiriña, en Cee.
Eran as 9:00h cando unha árbore caía polo vento. A árbore do xardín do restaurante O Cruceiro, caera sobre o tendido eléctrico e que cortaba a estradaque vai de Pereiriña a Lobelos.
Tiveron que chegar os Bombeiros de Cee, que procederon a cortar cunha motoserra, primeiro as ramas e despois o tronco ata liberalo completamente dos cables e despexar a estrada.
Por certo, que os Bombeiros foron chamados por un participar unha vez que o CAE112 estaba saturado e non contestaba ninguén, dando conta que está tendo o servizo despois do traslado das oficinas xerais á Estrada.
Bombeiros de Cee cortando as ramas da arbore na Pereiriña-Foto-Laura canosa
Novas relacionadas
- Febreiro 2017: Temporal en Muxía: 3 días sen luz.
- 03-02-17: Fisterra, Corme e Malpica levan a peor parte e sofren a ferocidade do temporal.
- 02-02-17: Desaloxan o IES Ramón Caamaño de Muxía ao desprenderse parte da súa cuberta.
- 02-02-17: O temporal pon en alerta vermella o mar da Costa
- 01-02-2017: Un quimiqueiro queda á deriva fronte a costa de Fisterra.
- 01-02-2017: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).