Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura
09:15 01/04/11
- - [Última hora - 01/04 - 09:00h] - Un novo imputado pola Op. Orquestra en Cee.
Trátase de J. C. Leis Caruncho, arquitecto da Casa de Cultura e que foi convocado a declarar acompañado de abogado.
Segundo infrma Radio Nordés - Cadena Ser O secretario de Fisterra e o Arquitecto municipal acolléronse ao seu dereito a non declarar.
Reaccións no goberno ceense
A situación deixa nunha posición inestable ao PSOE ceense, que goberna en coalición con IxCee. Se ben a dirección do PSOE local non fan declaracións dende aquel "Ánimo Ramón" do primeiro día de Operación, o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, esixía publicamente unha "una explicación pública" por parte do alcalde Ramón Vigo.Máis declaracións
Os 4 novos imputados terán que pasar o vindeiro 14 de abril polo Xulgado de Corcubión, a partir das 16:30h. Ademais, agárdase que ao longo do día de hoxe pasen pola Comisaría de Lonzas o arquitecto municipal de Fisterra, Manuel Carro, e máis o secretario, José Ramón Lema. A sesión contiuará mañá co tentiente alcalde de Mazaricos, o arquitecto municipal e un empresario da construción da zona.Ataque á Radio Nordés
Sorprendidos quedaron na tarde de onte os traballadores da emisora Radio Nordés - Cadena Ser, cando 2 membros da Policía Local, "a instancias dos seus superiores", se achegaban aos estudios para pedir á Licencia de Apertura e de Actividade. Non sería nada anormal se non fose porque xa van 8 anos dende que a entidade abríu as súas portas na vila da Xunqueira.Máis información
Nova relacionadas
- 29-03-11: A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”.
- 02-03-11: Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza.
- 01-02-11: Novas detencións na “Operación Orquesta”.
- 07-02-11: Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- 31-02-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Artigos relacionados
- As verdades como puños de Jose Luis Louzán: Municipais.
- As verdades como puños de José Luis Louzán: Marbella.
- Historias nómades de Serxio Iglesias: Orquestra Berlanga.
- Rolling polas dunas, con Xabier García: Operación Orquesta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- El País: La policía halla en Cee facturas falsas para justificar subvenciones.
- El Correo Gallero: Los imputados de Cee dicen seguir órdenes del alcalde .
- La Voz de Galicia: Imputan a 4 empleados de Cee tres delitos en el caso Orquesta .
- Foto de Marcos Rodríguez.