Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster
Xa ten imaxe dos Penedos de Traba e Pasarela o póster que percorrerá o mundo. 5.000 exemplares levarán a foto “Vixía”, de Xose Antonio Vila (Boiro), que ademais de ter a honra de ser o autor da imaxe dos Penedos, levou un premio de 500€.
O gañador coñeceuse no marco da entrega de premios do Concurso de Fotografía #moitomaisquepedras que artellaron conxuntamente os Concellos de Vimianzo e Laxe (coa colaboración da Deputación) para poñer en valor os Penedos, e que xa ten conseguido que a Xunta se poña a traballar nun Plan de Conservación que levaba esquecendo durante 10 anos.
O revivido Museo do Mar de Laxe acollía unha emotiva entrega de premios, nos que a obra do noso Rafa Quintáns (Cee) quedaba en segundo posto coa obra “A Ollada Eterna” por diante da carballesa Noelia Antelo Varela, coa obra “A osa e o solpor”.
Os premios do concurso entregaronse no descanso do concerto que o Duo Caamaño&Ameixeiras, nun acto presidido por Xosé Manuel Pose, edil de Turismo de Laxe, María Xose Mato, Técnica de Turismo de Laxe, emais o alcalde, técnico e a concelleira vimianceses, Manuel Antelo, Victor Santos e Marta Rei.
A xornada serviu ademais para reflexionar sobre os éxitos acadados por esta colaboración municipal e para poñer a andar novas actividades arredor dos Penedos.
Rafa Quintáns, Xose Antonio Vila e Noelia Castro no Museo do Mar de LaxeNovas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/10-anos-despois-a-xunta-comezara-a-traballar-no-plan-de-conservacion-dos-penedos/- 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- Lorena Martínez Canosa: Moitas paisaxes, pero só unha protexida.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).