Domingo. 24.01.2021
El tiempo

Os traballadores da xa pechada Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria

Os traballadores da xa pechada Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria
Folga dos traballadores da piscina municipal de Cee contra Aquqacenit 2 Folga dos traballadores da piscina municipal de Cee contra Aquqacenit Veñen de lonxe os problemas na piscina municipal de Cee. Xa pasou máis dun ano dende as primeira denuncia formal contra a dirección da empresa concesionaria do mantemento e xestión da Piscina Municipal de Cee. E ao falarmos un asunto pagado cos cartos de todos os contribuíntes, convírterse en asunto de gran importancia. Máis cando as portas da piscina veñen de pecharse o pasado 4 de abril. Mesmo a dirección denunciara unha sabotaxe que o xulgado de Corcubión xa arquivou definitivamente. De feito, a CIG esixe á dirección de Aquacénit unha rectificación pública polas acusacións aos seus propios traballadores. En novembro, os problemas aumentaron, cando a empresa lles anunciou aos traballadores que a empresa daba perdas e que non lles podían pagar todo o mes. Instáronlle aos traballadores (como nos comenta un dos afectados), a presión ao concello, pero saben que non son eles os que teñen que presionar a ninguén. A consecuencia é que a día de hoxe teñen sen pagar dous meses e medio de salario. “Ata que non cobremos, non traballamos”, aseguran os afectados, conscientes do perxuízo que xenera para os veciños da contorna. A pancarta “Aquacenit non paga, piscina pechada” dá boa conta das intencións dos traballadores. Uns afectados que piden “solucións xa”, a un problema que definen con estoutra pancarta: “O pobo pagando, os de fóra roubando e o concello pasando”. De aí que as esixencias tamén vaian contra o Concello, “para que se mova xa”, que o tempo vai pasando e non se pode permitir ter a piscina municipal pechada. Veremos se o Concello dá algún paso adiante, que podería pasar polo rescate da concesión como pide a CIGA. Mentres, tocará bañarse na praia de Quenxe… Folga dos traballadores da piscina municipal de Cee contra Aquqacenit

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xabier Santos Canosa, responsable da Unión Local da CIG-Cee.

comentarios