venres. 06.12.2024
El tiempo

Os veleiros do Concurso de Azulexo seguen surcando as nosas costas

Os veleiros do Concurso de Azulexo seguen surcando as nosas costas
Os murais de Lar no Faro Fisterra

Non cabe dúbida, que o Concurso de Murais de Azulexo de Suministros Lar é un referente na nosa bisbarra como actividade socio-cultural e para a integración social de persoas.

Malia que este ano non se puido levar a cabo, a empresa costeira xa leva realizado 5 edicións e as obras seguen percorrendo simbólicos espazos da bisbarra. Na edición do ano pasado do concurso realizáronse sobre unha base de hormigón revestido todo en azulexo, un conxunto de veleros recreando unha regata que surca os mares da zona. Por exemplo estiveron expostos no faro de Fisterra adornando e enchendo de cor a marabillosa paisaxe que ofrece a nosa costa e que tanta xente vén gozar.

Tras un tempo na fin da terra, están de traslado, e durante estes días estarán expoñestos en Cee, no recheo.

Os murais de azulexo, cuxa calidade artística é indiscutible, serven para a decoración en calquera praza ou ambiente exterior, e adquiren máis valor si cabo e relevancia por ser feitas por estudantes de diferentes institutos, sen formación especifica para iso e asociacións de persoas con discapacidas intelectuais e físicas.

De feito, o éxito é tal que os murais pertencentes á coleccion Regata da 5ª edición, situadas no faro de Fisterra, chegaron ata o programa da TVG "Descúbreme".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios