Patricia Iglesias denuncia en Cee "o desmantelamebto dos hospitais comarcais"

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña, Patricia Iglesias Rey, acudiu ao Hospital de Cee para apoiar as reivindicacións do Concello á Xunta de Galicia respecto da situación deste hospital.
A carballesa/santiaguesa comezou a súa intervención denunciando que “Feijóo e Rueda levan 15 anos desmantelando os hospitais comarcais, aumentando as listas de espera e forzando as derivacións ás cidades ou á sanidade privada”. Lembrou tamén que “os centros de saúde están a tardar ata máis de 15 días en dar cita para o médico de cabeceira ou para probas diagnósticas”.
“Por todo isto, as e os socialistas ímonos sumar este domingo á manifestación en prol dunha sanidade pública de calidade para todos e todas en Santiago de Compostela”, sinalou Iglesias en referencia á convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública.
Dende Cee reclaman a limpeza da fachada por temas de salubridade, xa que o mal estado provoca que haia que fumigar para acabar coas colonias de insectos que aparecen nos ocos da ventilación.
Apoio provincial á Manifestación
