Venres. 26.04.2024
El tiempo

Pediatras e Matronas Xa convoca unha concentración, de bonecos, diante do Centro de Saúde de Cee

Concentracion Cee Dia dos dereitos da Infancia
Pediatras e Matronas Xa convoca unha concentración, de bonecos, diante do Centro de Saúde de Cee
Curiosa proposta reivindicativa a que Asociación Pediatras e Matronas Xa para este domingo 20 de novembro. Coincidindo co Día dos Dereitos da Infancia, o colectivo propón unha concentración. Pero reto-performance inclúe tamén unha concentración de bonecos, qeu se desenvolverá diante do Centro de Saúde de Cee.

Unha concentración que reclama atención para a súa saúde física e mental, nestes tempos nos que os casos de ansiedade e depresión, así como os diagnósticos de Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) se multiplican por 3 ou por 4 dende o 2019; e os comportamentos suicidas aumentaron ata un 59%.

Lembran que “a sociedade de Psiquiatria Infantil, a Sociedade Española de Urxencias Pediátricas e a Asociación Española de Pediatria de Atención Primaria reclaman un aumento de recursos, a incorporación de psicólogos clínicos nos centros de saúde e a mellora da coordinación cos escolas e familas, cos pediatras de Atención Primaria como peza clave”.

”Toda a precariedade que vimos denunciando desde fai tempo, está culminando no “colapso” dun sistema sanitario que non cumple cunha atención básica en primaria; neste caso, unha gran parte dos centros de saúde de Galicia non teñen pediatra, como moito este tipo de profesionais son sustituidos por médicos de familia (con ou sin formación en puericultura) e de igual maneira escasean os/as enfermeiros/as pediátricos/as”.

”O modelo actual da Xunta de Galcia segue dous extremos: o de e ir rotando a profesionais (en moitos casos non especialistas) por diferentes centros de saúde e o de saturar algúns centros concretos que reciben ós/as nenos/as e xoves dese centro de saúde e de forma desorganizada a varios centros máis, pois non teñen servizo”.

Novas relacionadas

Comentarios