Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os peques de Cee aprenden a ler o mar da man do polivalente Rubén Prieto

Ruebn Prieto no cole de Cee
Rubén Prieto no cole de Cee
Os peques de Cee aprenden a ler o mar da man do polivalente Rubén Prieto

”A poboación en xeral debería poder ter acceso a algo de formación para saber que facer en situacións de emerxencia no mar, para aprender a facer unha correcta lectura do mar”. Esta frase dicíanola o surfeiro vimiancés Alex Lema a semana pasada, despois de salvarlle a vida a dous visitantes leoneses na praia de Lires.

E precisamente nesa liña enmárcase a charla que recibiron este venres os pequenos do CEIP Eugenio López. Xusto agora que chega o verán, o polivalente surfeiro ceense Rubén Prieto achegouse ao colexio para falarlles do mar. Prieto, gran coñecedor das nosas rúas, e consciente da importancia de ir comprendendo como funciona o noso mar, as ondas, as correntes, as praias e os riscos que se poden presentar nunha praia, falou con todo detalle.

Os peques tomaron boa nota dsobre que facer si se atopan nunha corrente ou como axudar a alguén que está en perigo. Poden chegar a salvar unha vida sabendo que facer.

Novas relacionadas

Comentarios