Martes. 21.05.2024
El tiempo

Picallo presentou a súa candidatura buscando unha "maioría que poña fin a un goberno de bandazos e parches”

PP de Cee presentaciom 2023 copia 2
Picallo presentou a súa candidatura buscando unha "maioría que poña fin a un goberno de bandazos e parches”

Este venres, o auditorio da Casa da Cultura de Cee enchíase para a presentación da nova candidatura do PP encabezada por Jesís Picallo. Arroupado polo presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, e por ducias de militantes e simpatizantes, Picallo amosouse convencido de poder recuperar a alcaldía para un grupo popular ao que se lle resiste dende 2007.

PP cee Presentacion 2023

O grupo popular entregou uns moi críticos folletos informativos contra o goberno socialista, e Picallo durante o acto acusouno de “vender fume” durante catro anos. “Cee merécese algo moito mellor, merece xente con novas propostas, con ganas, con ideas, ambición e ilusión e non gobernos personalistas nos que prevalece o comigo ou contra o min”.

Calvo, agradeceu hoxe a “valentía” de Jesús Picallo á hora de encabezar a lista “Podería seguir adiante coa súa vida, pero o seu amor por este municipio o levou a dar un paso á fronte moi valente”, dixo. Calvo deixou claro que o partido pensa nunha maioría suficiente para poder poñer punto e final a un goberno de “bandazos e parches”.
“Con Jesús iniciamos unha nova etapa, pero recollendo o traballo realizado antes e engadindo obxectivos ambiciosos”, apuntou.

En canto ao equipo de persoas que lle acompañan na candidatura, Picallo indicou que se trata de xente “capaz, traballadora, humilde e, sobre todo, boa xente con un único obxectivo que é conseguir a confianza da xente para poder construir un Cee mellor”.

Mabel e Picallo co PP de Cee
Jesús Picallo con Mabel Fdez.

Máis novas das Eleccións

Artigos relacionados

Comentarios