Piden a retirada das cámaras de vixilancia en Cee
Volve a actualidade o asunto das cámaras de vixilancia no Concello de Cee. Unhas cámaras postas en agosto 2010 polo anterior goberno e que foi denunciado polo Movemento polos Dereitos Civís en setembro de 2011. Unha entidade que mesmo ten creado unha petición de sinaturas online pedindo a alcadesa a retirada das cámaras instaladas, "ilegalmente" a xuizo do MpDC.
Segundo o propio Movemento a Agencia Española de Protección ordenou o ano pasado a retirada das cámaras, que a día de hoxe aínda podemos ver nalgun recuncho da vila da Xunqueira.
O Goberno asegura cumplir a normativa
Ante as peticións, o goberno local estudiou a situación e asegura que "xa se está a cumprir a normativa, como demostra un documento da Agencia Española de Protección de Datos", que permite ás Policías Locais controlar por vídeovixilancia as zonas urbanas por mor do tráfico.
Lembran dende o Concello que "o Pleno acordou no seu día por maioría facer os trámites oportunos para que a actividade se sometese ás normas legais perceptivas". Así asegura Daniel Oca, teniente alcalde, que "o novo goberno cumpre o acordo plenario rematando a tramitación dos permisos necesarios".
Así e todo, e malia que a legalidade poida estar cumprida, a polémica non parece resolta.
Novas relacionadas
- O Teniente alcalde de Cee explica a súa posición sobre a Escola de Música.
- Cee presenta o seu programa deportivo de cara ao verán.
- Piden explicacións sobre a legalización do edificio de Galivivienda.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Charge.org: Alcaldesa de Cee: Que se retiren las cámaras instaladas ilegalmente en Cee.
- Notas de prensa do Movemento polos Dereitos Civís e do Goberno de Cee.