Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden ao Sergas que se recuperen tres servizos fundamentais no Hospital de Cee

Piden ao Sergas que se recuperen tres servizos fundamentais no Hospital de Cee

Ata o Parlamento Galego chegou ao perda continua de servizos do Hospital Virxe da Xunqueira. Foi a parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo a que presentou unha batería de iniciativas  para esixirlle á Xunta que consensúe co goberno de Cee un Plan de acción para recuperar servizos claves.

Porque dende o mes de agosto xa non hai dermatólogo no Hospital, polo que os pacientes de Dermatoloxía están obrigados a desprazarse ao hospital de referencia. Outros servizos “tenden a desaparecer”, como o caso de Medicina Preventiva, onde só conta “de forma esporádica e non programada” cunha profesional desprazada dende A Coruña, e Otorrinolaringoloxía pasou de constituír un servizo a tempo completo a só atender dous días á semana.

Pediron ademais a ampliación do servizo de Reanimación a tempo completo, incorporar unha nova quenda de hemodiálise, implantar o servizo de Cardioloxía ou ampliar Dixestivo.

Comentarios