Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Piden arranxos en varias infraestruturas de Brens

Ponte de Brens
Estado da ponte de Brens
Piden arranxos en varias infraestruturas de Brens
O BNG de Cee vén de solicitar ao goberno arranxos na parroquia de Brens. Concretamente solicitan a adecuación a beira da ponte de Dornes, xa que existe un socavón grande que pon en perigo a vía, e polo tanto as persoas e os vehículos. "É preciso a actuación no lugar reforzando a estructura cun muro de pedra", valora Serxio Domínguez.
Ademais, consideran necesario o "desatasco na pontella de Searia. As duiras arrastraron diversas árbores que de non retirarse poden provocar a caída total ou parcial da ponte en caso de riadas. Igualmente é necesario o cambio dalgunha táboa en mal estado polo paso do tempo".

Comentarios