Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden unha mellor cobertura móbil nas parroquias de Cee

Piden unha mellor cobertura móbil nas parroquias de Cee
antena mobil

Para moitos é un luxo non poder conectarse durante un rato. Pero para os que viven nesas zonas é unha carencia importante. I é que na parroquia de Lires e en parte da de Toba non hai cobertura de todos os operadores móbiles e as que existen son moi deficientes, producindo que os habitantes destas parroquias estean pagando por un servizo que non disfrutan, provocando a incomunicación dos habitantes e visitantes que se atopan nesas localidades e dando unha imaxe terceiromundista do noso concello.

Así o sinala Víctor Somoza, de Unión Cidadá, que recorda que existen veciños nestas parroquias dispostos a ceder, nos seus terreos, espazos para a ubicación das antenas de telefonía móbil.

Deste xeito, pide que, de xeito inmediato, o Concello de Cee proceda a iniciar os trámites para realizar o pertinente convenio cos operadores móbiles e de ser preciso solicite tamén a intermediación da Deputación de A Coruña ou da Xunta, unha vez que dende o Ministerio de Industria, enerxía e turismo aconséllase que naqueles puntos xeográficos onde non chega a telefonía móbil dun xeito correcto é recomendable realizar convenios dende os Concellos ou Deputacións correspondentes cos operadores.

Novas relacionadas

Fonte

  • Unión Cidadá.

Comentarios